OS GUÍAS DE TURISMO DE APIT-GALICIA TRABALLAMOS NA RECUPERACIÓN DO SECTOR TURÍSTICO PARA CANDO TERMINE A CRISE SANITARIA,

Ademáis de participar activamente coa Secretaría de Estado de Turismo na elaboración dos futuros protocolos de seguridade sanitaria no sector, colaboramos co ICTE, a Xunta de Galicia, as Diputacións e concellos nos proxectos de reactivación e promoción do turismo. Iniciamos unha campaña propia co eslogan #Morriñadeti

Debido a pandemia do COVID-19 os socios da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT- Galicia) non quedamos na casa. O sector turístico é o máis afectado polas restriccións da alarma sanitaria. Os guías de turismo seremos os últimos en recuperar a nosa actividade laboral regular.

Dende o confinamento, estamos cooperando cos distintos actores do sector turístico para unha esperada volta á normalidade.

Queremos agradecer á Secretaría de Estado de Turismo e á Directora da Axencia Galega de Turismo a súa intermediación para que finalmente as mútuas reconocesen o noso cese de actividade permitíndonos acollernos ás axudas previstas para autónomos e pequenas empresas.

Agora estamos na fase de reconstrucción do tecido económico do país, e APIT- Galicia está colaborando co comité de CEFAPIT (Federación Española de Guías de Turismo) no informe que nos pediu a Secretaría de Estado de Turismo de cara a elaborar os protocolos de seguridade sanitaria no noso sector.

Participamos activamente tamén nos consellos asesores e foros que se crearon por parte de outros organismos oficiais como o ICTE, a Axencia Galega de Turismo, as Diputacións Provinciais e os principais concellos de Galicia. Estamos traballando na creación de sinerxías con outros actores (hosteleiros, transportistas, axencias de viajes…): unidos será máis fácil devolver a confianza ós nosos turistas para que nos visiten de novo, con todas as garantías.

La Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT – Galicia) presenta a campaña de promoción: #MorriñaDeTi.

Entre tanto, os máis de 100 asociadxs de APIT – Galicia queremos facer o máis levadeiro os días que estamos na casa para os nosxs seguidorxs nas redes sociais.

Temos activo o concurso de dibuxo #PresumeDeGalicia, para que xs nenxs nos ensinen esa Galicia máxica que solo elxs ven, invitándonos a percorrer as súas aldeas, cidades ou monumentos.

Agora queremos presentar o primeiro dos tres vídeos promocionais nos que estamos traballando, na relación co noso cese de actividade debido ó confinamiento: temos #MorriñaDeTi.

Abrimos unha ventá ó mundo a través da mirada dos guías de turismo: ensinando a Galicia máis descoñecida, acompañadxs do paraugas amarelo, símbolo de garantía, profesionalidade e bo facer.

Completaremos os vídeos con artígos e fotografías con segredos e peculiaridades de Galicia na nosa web. Ansiamos traballar, compartir o patrimonio galego con tanta xente que o aprecia!

Os guías de Galicia estamos orgullosos do noso, pero sin ti non somos nada. Temos #MorriñaDeTi.