A arquitectura modernista da cidade de A Coruña chama moito a atención dos seus veciños e visitantes. Este verán a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia colaborou coa emisora Radio Coruña da cadena Ser, para dar a coñecer mellor os barrios e edificios máis singulares do modernismo coruñés.

No primeiro programa, o 15 de xullo, o noso compañeiro Joaquín contextualizou o espazo e a época na que se desenvolven estes proxectos de ampliación urbanística, nunca cidade en expansión. No programa seguinte, o 22 de xullo, María falou da rúa San Andrés, que desde fins do século XIX era un importante eixo comercial do antigo barrio da Pescadería. O mércores 29 de xullo Mónica falou das construcións do Campo de Marte e Ciudad Jardín. O 5 de agosto emitiuse a colaboración de Gloria, que describiu a contorna da Praza de Lugo, o centro do Ensanche coruñés.

O concello da Coruña ten unha web turística onde se pode consultar información sobre algún destes edificios, e mesmo se pode descargar un pdf cunha ruta modernista pola cidade.