Visitas Guiadas Fisterra e Costa da Morte

A Costa da Morte, chamada así pola grande cantidade de naufraxios que alí se producían antigamente. Nos días de temporal os barcos tenden a navegar en cabotaxe, aproximándose ás rochas, farallóns e cantís desta costa onde hoxe en día os percebeiros arriscan as súas vidas para recoller este manxar. Ao norte, poden visitar o máis famoso dos dólmenes galegos, o de Dombate; ou o castro de Borneiro. Esta costa destaca pola artesanía popular conservada polos seus habitantes: a olería en Buño e o encaixe en Camariñas. Ao pe d Santuario da Nosa Sra da Barca, en Muxía, xúntanse milleiros de romeiros en setembro para mover a pedra de abalar ou para pasar por baixo da pedra que cura os males dos cadrís. Para os romanos Finisterrae significaba o fin das terras; hoxe en día o seu faro dá testemuño da chegada de centos de peregrinos procedentes de Santiago de Compostela

En Carnota, poden visitar o hórreo máis coñecido de Galicia; este graneiro para o millo sostense sobre 22 pares de columnas e ten 34 metros de largo. En Muros, no límite sur da Costa da Morte, poderán disfrutar da magnífica arquitectura das casas mariñeiras: casas de arcos e galerías perfectamente conservadas.

Se vostedes queren visitar Fisterra, a Costa da Morte, non dubiden en poñerse en contacto con nós.

Somos guías oficiais de toda Galicia e percorremos todos os seus recunchos.

Para máis información poden contactar con nós no número de teléfono +34 981 576 698 ou por correo electrónico a info@guiasdegalicia.org