Visitas Guiadas á cidade de Lugo

Tarifa: 10 euros/persoa (nenos ata12 años, gratis)

En Lugo os Guías oficiais de Galicia ofrecemos este verán 2020 Visitas Guiadas á cidade, en castelán. Saídas diarias desde a Praza do Campo ás 12:00 h cunha duración de 90 minutos, desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro.

O percorrido peonil está centrado nos elementos que a UNESCO catalogou na lista de bens Patrimonio da Humanidade: a Muralla Romana, o Camiño Primitivo a Santiago e a catedral (exterior). Ao mesmo tempo descubrimos as principais rúas e prazas da cidade, por un prezo de 10,00 € por persona (gratis para nenos ata 12 años, incluidos).

Revivimos durante a visita os principais feitos históricos e a memoria das xentes que habitaron este espazo desde a súa fundación por orde do emperador Octavio Augusto. Lembramos as guerras medievais e as consecuentes transformacións da trama urbana ata a chegada do tren e a modernización.

Lugo ten ao longo de todo o ano un amplo abano de opción culturais (recintos arqueolóxicos, centros expositivos, programación musical, audiovisual e teatral), lúdicas e hostaleiras. Os lucenses somos hospitalarios e fachendosos do noso rico patrimonio natural e cultural. As principais celebracións festivas son o Arde Lucus (recreación histórica romana) a mediados de xuño, e San Froilán a principios de outubro, en que de todo o país converxen visitantes para desfrutar das verbenas e do polbo. Son tamén de salientar as manifestacións relixiosas de Semana Santa e Corpus Cristi.

Lugo é a base perfecta para coñecer outros puntos de interese na provincia: a espectacular costa das Rías Altas coas encantadoras vilas de Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro; as impresionantes montañas dos Ancares e o Courel; e a Ribeira Sacra, cuxa paisaxe única de viñedos en socalcos e mosteiros románicos é  candidata a ser recoñecida tamén Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO.

Consúltennos sen compromiso para un Tour privado destas zonas.

Para máis información poden contactarnos no número de teléfono +34 981 576 698 ou no correo electrónico info@guiasdegalicia.org

Na praza estará o/a guía que identificarán polo paraugas amarelo.