Os guías de turismo temos que nos preparar para que as nosas visitas guiadas ofrezan seguridade e garantías fronte á COVID-19 para nós, os nosos clientes e a poboación local.

A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia APIT-Galicia estivo na mesa de representantes do sector que redactaron co ICTE un primeiro protocolo que se pode descargar aquí. Tamén participamos na posta a punto dos manuais que puxo a punto a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que se poden descargar aquí.

Este venres 12 e o sábado 13 de xuño ofrecemos os primeiros dos 4 obradorios idénticos para a información e formación do colectivo nas medidas específicas que nos afectarán no desenvolvemento da nosa profesión, e análise e implementación de medidas para minimizar os riscos laborais fronte á COVID-19

Este seminario será o paso previo para a certificación oficial da formación en protocolos de hixiene no traballo e que emitirá o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG). Unha vez realizada a matrícula e participado nun dos 4 seminarios de formación, os datos dos asistentes serán enviados ao CSHG e recibirán un test para cumprimentar. Quen supere o 80% das preguntas será APTO e recibirá a certificación.

Inscrición para asistir o venres 12 de xuño ás 11:00 h

Inscrición para asistir o sábado 13 de xuño ás 12:00 h

Este mesmo seminario volverase repetir o 25 de xuño ás 17:00 h e o 8 de xullo ás 11:00 h

 

OBRADOIROS ANTERIORES:

22 de maio: Medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19 e a súa aplicación

27 de maio: A nova realidade turística nas cidades galegas

29 de maio: Oratoria, linguaxe corporal e comunicación non verbal

3 e 5 de maio: Técnicas de Guiado

10 de xuño: O mundo do guiado e as súas particularidades