Visitas Guiadas Pontevedra

Visitas guiadas por membros de APIT Galicia para o Concello de Pontevedra.

Tarifas:

  • Xeral: 5,00 €
  • Reducida: 3,00 €
  • Nenos ata 12 años: gratis

Saidas desde o novo punto de información turística situado no Concello de Pontevedra, enderezo: Praza de España s/n.

Horarios:

  • De luns a sábado
    • Do 1 de xullo ao 14 de setembro: 11:00 h e 18:30 h
    • Do 15 ao 30 de setembro: 11:00 h e 17:30 h
  • Domingos e festivos
    • Do 1 de xullo ao 30 de setembro: 11:00 h

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade, facendo fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.
Hai que salientar que neste percorrido se visita también o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruinas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igresia de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

Máis información e reservas:

  • +34 986 090 890
  • info@visit-pontevedra.com