Mañá, sábado 19 de decembro, retomamos as visitas guiadas na cidade de A Coruña que nos víramos na necesidade de suspender, polo emperoramento da situación sanitaria debida á COVID-19.

Como todos os sábados de inverno, ofrecemos 2 visitas guiadas en A Coruña que saen da Pza. María Pita. Ás 11:30 h, para un percorrido pola Cidad Vella e os seus principais monumentos. Ás 17:00 h, outra ruta peonil polos xardíns de Méndez Núñez e o popular barrio da Pescadería achegarános a personaxes ilustres e arquitectura modernista.

Saímos con grupos moi reducidos (ata 5 personas), cumplendo con todos os requerimentos sanitarios, distancia interpersoal e uso obrigatorio de máscara. Polo tanto, para a xestión deste servizo, é obrigatorio reservar, ben chamando por teléfono ao 629374780, ben por correo electrónico a visitascoruna@gmail.com.

Sigue os nosos paraugas amarelos!