Visitas Guiadas Ferrol

A PARTIR DO 1 DE OuTUBRO NON OFRECEMOS SAÍDAS REGULARES. Contáctenos en info@guiasdegalicia.org para concertar a súa visita baixo reserva.

 

Ferrol Secreto: redescubrindo a cidade.

Martes, xoves, sábados e domingos do 7 de xullo ao 15 de setembro ás 12h de 2020 saindo da oficina de turismo do Porto de Ferrol. 10 € por persoa (menores de 10 anos gratis). Imprescindible reserva previa en ferrolguias@gmail.com ou no 696531070 via whatsapp ou sms.

Nesta visita faremos un percorrido peonil polos barrios históricos de Ferrol Vello e o Barrio da Magdalena para coñecer todos os secretos e curiosidades da historia e as xentes de Ferrol, un paseo desde a Idade Media ata o séculoo XXI en clave ferrolana.