A partir de hoxe 1 de outubro, mudan os horarios das nosas visitas guiadas nas diferentes cidades de Galicia. Alén do cambio de estación, tamén nos temos que ir adaptando aos regulamentos e recomendacións para a prevención da COVID. Desde o 13 de xuño a Xunta de Galicia autoriza por norma xeral grupos turísticos cun tamaño máximo de 24 persoas + guía. Porén en localidades con máis afectación da pandemia estes máximos vense reducidos. No momento de redactar estas liñas, en Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo o tamaño máximo dos grupos é de 9 persoas + guía, e en Ourense de 5 persoas. Atoparán máis información para viaxar con seguridade na páxina de Turismo de Galicia.

En atención a estes condicionantes, para a xestión do número de guías necesarios para cada tour, é conveniente reservar as visitas guiadas, ben por teléfono (+34 981576698), ben por correo electrónico (info@guiasdegalicia.org). Visite as cidades galegas cos guías oficiais do paraugas amarelo e comente a súa experiencia no noso perfil de Tripadvisor!

VISITAS REGULARES

SANTIAGO DE COMPOSTELA

  • Compostela Contada: diaria ás 12:00 h. Percorrido: Rúas do Vilar e do Franco, Fonseca, prazas do Obradoiro, Acibechería, Cervantes, Abastos, Universidade, Rúa Nova e regreso a Praterías. 12 €/persoa (menores de 12 anos, gratis)
  • Tour Peregrino: (só do 1 ao 15 de outubro) diaria ás 16:00 h. Percorrido: Obradoiro, Trindade, San Francisco, Acibachería, San Martiño e regreso a Praterías. 12 €/persoa (menores de 12 anos, gratis)

 

A CORUÑA

  • Cidade Vella: sábados ás 11:30 h (tamén os días 11, 12 de outubro e 6, 7 e 8 de decembro) desde a Praza María Pita descubrindo as igrexas de Santiago, Santa María e Santo Domingo, o Xardín de San Carlos, a Praza de Azcárraga, a Praza das Bárbaras… Falaremos de historia, de lendas, da vida nunha cidade como A Coruña. 10 €/persoa (menores de 12 anos, gratis)
  • Ruta Modernista: sábados ás 17:00 h (tamén os días 11, 12 de outubro e 6, 7 e 8 de decembro) desde a Praza María Pita percorrendo o antigo barrio da Pescadería e os xardíns  de Méndez Núñez, e admirando os elementos máis relevantes da arte modernista na cidade. 10 €/persoa (menores de 12 anos, gratis)

 

VISITAS A DEMANDA

Para as cidades de Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ferrol poden concertar visitas contactándonos ben por teléfono (+34 981576698), ou ben por correo electrónico (info@guiasdegalicia.org).