A Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia colabora c@ s guías asociad@s que realizan estas visitas desde a Praza de Praterías.

Visitas de 2 horas de duración e en castelán. Prezo 12€ por persoa, menores de 12 anos gratis.

Coñecerás os exteriores do centro histórico compostelán e o interior do Parador dos Reis Católicos.

A partir do 1 de abril ata o 15 de outubro as visitas ás 12 e 18 h todos os días (excepto o 25 de xullo)

Non é necesario facer reserva, tan só estar 5-10 minutos antes na praza, onde se atoparán ao guía co paraugas amarelo!

Para máis información non dubides en contactar connosco no teléfono 981 57 66 98