Dentro da nosa programación de webinarios formativos para guías de turismo de Galicia, este luns 15 de marzo comezan as Xornadas nos camiños. Os nosos camiñantes máis expertos comparten con nós información e detalles prácticos dos recursos dispoñibles nos tramos galegos das vías de peregrinación a Santiago de Compostela.

Igrexas, castelos, refuxios, merendeiros… Repasamos desde a casa os fitos máis relevantes de cada etapa. Porque calquera día destes botarémonos a andar de novo!