Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario de atención telefónica de LUN a SAB de 10:00 a 17:00
DOMINGOS cerrado

Día Mundial do Turismo 2021

Este 27 de setembro os guías de Galicia tamén celebramos o Día Mundial do Turismo.

No noso acto principal, asinamos un novo convenio de cooperación con MEGA (Mundo Estrella Galicia): unímonos para difundirmos o patrimonio histórico e cultural da Coruña e o primeiro museo da cervexa de España. Grazas a Hijos de Rivera por confiardes nos guías de turismo de Galicia e apoiardes a nosa cultura!

Noutro acto moi emotivo, a federación estatal de guías, na persoa da súa presidenta Almudena Cencerrado, fixo entrega da placa CEFAPIT ao castelo de Santa Bárbara de Alicante.

A nosa delegada nas Rías Baixas, a compañeira Sole Chayán, en representación de APIT Galicia participou no acto organizado pola Deputación de Pontevedra e no que coa colaboración de afamados restaurantes da zona (Pepe Solla, Mamá Lela), se recuperou parte do recetario orixinal das irmás Mendoza.

Tamén en representación de APIT Galicia, a nosa compañeira María Chamadoira estivo presente na xornada organizada polo concello de Tui, cunha sentida intervención do profesor Carlos Rodríguez Carro, da Universidade da Coruña.

Related Posts

Leave a reply

Copyright © 2021. Guias de Galicia