Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Día Internacional do Guía de Turismo 2025: grazas por participardes

Grazas por celebrardes con nós o Día Internacional do Guía de Turismo 2025

Sentímonos moi arroupados o pasado venres 21 de febreiro polas persoas que nos acompañaron nas visitas benéficas que percorreron varios puntos de Galicia: Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense e Cambados. A federación mundial de guías WFTGA elixira para esta efeméride o tema: «guías de turismo, embaixadores para a paz«, porén os donativos achegados polos participantes nas nosas visitas guiadas foron entregados á ONG Médicos sen Fronteiras, presente na meirande parte das zonas en conflito do planeta.

Os guías oficiais de España, agrupados na confederación CEFAPIT, aproveitamos para lembrar a relevancia da nosa profesión para que o turismo sexa unha actividade sostible que enriquece os territorios e as súas xentes.

Os guías de turismo somos fundamentais na implementación de prácticas sostibles dentro do sector turístico. A nosa interacción directa cos visitantes permítenos:

  • Educar e sensibilizar: informamos os turistas sobre a importancia de conservar medio natural e respectar as culturas locais: poñemos en valor a riqueza que representan, fomentando comportamentos responsables.
  • Promover economías locais: incentivamos o consumo de produtos e servizos locais como parte das experiencias que ofrecemos, apoiando a pequeñas empresas e artesán, o que contribúe ao desenvolvemento económico das comunidades anfitrionas.
  • Conservar o patrimonio: guiamos os visitantes de maneira a reducir ao mínimo o impacto causado en sitios históricos e naturais, asegurando a sua preservación para futuras xeracións.

Reseñas en prensa do Día Internacional do Guía de Turismo 2025 en Galicia

Galería de imaxes do Día Internacional do Guía de Turismo 2025 en Galicia

Related Posts

Leave a reply

Copyright © 2021. Guias de Galicia