Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Día Internacional do Guía de Turismo 2025

O vindeiro VENRES 21 de febreiro é o noso día; é o Día Internacional do Guía de Turismo e como todos os anos queremos celebralo contigo.

Os Guías de Turismo somos tamén prescritores de destino e temos a difícil tarefa e a responsabilidade de facer que os nosos visitantes volvan ás súas casas coa satisfacción de ter coñecido a mellor terra, que eles mesmos sexan tamén prescritores de Galicia e de todo o noso patrimonio, tanto material como inmaterial. Este ano o noso lema é :

GUÍAS DE TURISMO, EMBAIXADORES DA PAZ

Queremos celebrar este día como mellor sabemos facer, con visitas solidarias en A Coruña, Cambados, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Este ano todo o recadado coas aportacións voluntarias serán a beneficio de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Esperámosvos en:

A CORUÑA

A Coruña anos 20 e 30, venres 21 ás 19:00 Praza José Toubes (Igrexa de San Pedro de Mezonzo).

CAMBADOS

Barrio de Fefiñáns e Bosque do Pazo, sábado 22 ás 12:00 Praza de Fefiñáns.

FERROL

Ferrol cidade da Ilustración, venres 21 ás 17:00 Praza de Galicia (Correos).

LUGO

Lugo pola paz, venres 21 ás 11:00 Soportais do Concello.

OURENSE

Persoeiros embaixadores da cidade, venres 21 ás 11:00 Praza do Padre Feijoó.

PONTEVEDRA

Centro histórico, venres 21 ás 18:00 Praza de España.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compostela Contada, venres 21 ás 12:00 e 17:00 Praza das Praterías.

Pedra, prantas e camelia en Compostela, venres 21 ás 12:00 Praza das Praterías.

Lendas de Santiago e a súa relación co Camiño de Santiago, venres 21 ás 17:00 Praza das Praterías.

VIGO

Pazo de Quiñones de León, venres 21 as 11:30. Praza do Pazo de Quiñones de León.

Centro histórico e Ensanche, venres 21 ás 18:00 Escultura do Bañista (Cánovas del Castillo).

Estaríamos encantados de recibir o voso apoio e poder contar coa vosa presenza. Queremos demostrar que GALICIA ten moito que ofrecer e que conta con grandes profesionais como os guías da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia). Estades convidados a acompañarnos o VENRES 21.02.2023 a calquera das nosas visitas solidarias. Os paraugas amarelos espéranvos nas rúas e prazas de Galicia. Para confirmar a vosa asistencia podedes poñervos en contacto connosco en: info@guiasdegalicia.org ou no teléfono 606985185 ( tamén Whatsapp).

Related Posts

Leave a reply

Copyright © 2021. Guias de Galicia