INFORMACIÓN

Este plan de formación para o colectivo de Guías de Turismo de Galicia está organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia), en virtud do convenio asinado coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no marco do plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte á COVID-19.

Todos os nosos Obradoiros empregan a plataforma ZOOM (podes descargala aquí).

Despois da túa inscrición recibirás unha confirmación. Un día antes do Webinario, comprobados os teus datos de inscrición, recibirás a chave de acceso.

E LEMBRA! Sempre que accedas á sala do webinario non esquezas desconectar a cámara e o micro.

Se tés problemas contactar con nós en secretaria@guiasdegalicia.org.