Os guías de turismo voltamos ao traballo: poderán ofrecerse visitas guiadas a partir da fase 3 da desescalada, coas limitacións que impón a prevención da COVID-19.
No BOE desta mañá sae publicada a Orden SND/458/2020 na que o artigo 35 establece as condicións nas que os guías de turismo podemos exercer a nosa profesión. Permítense visitas turísticas con grupos de ata 20 persoas en espazos onde non haxa aglomeracións.
Artículo 35. Condiciones para el desarrollo de la actividad de guía turístico.
1. Se permite la realización de la actividad de guía turístico en las condiciones previstas en los siguientes apartados.
2. Estas actividades se concertarán, preferentemente, mediante cita previa y los grupos serán de un máximo de veinte personas. Durante el desarrollo de la actividad se evitará el tránsito por zonas o lugares susceptibles de generar aglomeraciones. Asimismo, deberán respetarse las condiciones en que debe desarrollarse la actividad de visita a monumentos y otros equipamientos culturales, según lo establecido en esta orden.
3. Deberán respetarse las medidas de seguridad e higiene establecidas por las autoridades sanitarias para la prevención del COVID-19, y, en particular, las relativas al mantenimiento de una distancia mínima de seguridad de, al menos, dos metros, o en su defecto la utilización de medidas alternativas de protección física, de acuerdo con lo establecido en la Orden SND/422/2020, de 19 de mayo.
4. Durante el desarrollo de la actividad no se podrán suministrar audioguías, folletos u otro material análogo.
A alarma sanitaria foi decretada mediante o
RD 463/2020 ampliado no
RD 465/2020, que dende o inicio restrinxiu a liberdade de circulación e de reunión. Foron clausuradas practicamente todas as actividades económicas. Os guías de turismo tivemos inicialmente o problema de que a nosa profesión non se mencionase no Anexo. Houbo que pedir a diferentes administracións que informasen ás mutuas das nosas circunstancias.
Posteriormente houbo varias prolongacións do estado de alarma coas mesmas condicións de restrición de actividades, ata que o
Consello de Ministros del 28 de abril comezou a planificar a desescalada por fases.
Por tanto, cando se aproba a prórroga do estado de alarma o pasado 8 de maio, tamén se dan instrucións para que os territorios que cumpran certas condicións poidan pasar á Fase 1:
RD 514/2020.
En aplicación deste decreto, o Ministerio de Sanidade publicou no día seguinte a
Orden SND/399/2020 que anula algunhas das restricións do primeiro RD e establece que actividades e en que condicións se poden reiniciar na Fase 1. En ningún caso se fala de visitas turísticas: mesmo nos museos están prohibidas as actividades que congreguen xente e só se permiten visitas individuais (Art. 26). O Art. 47 refírese ao turismo activo e de natureza, que só poderán organizar empresas de turismo activo. Na Fase 2,
a Orden SND/440/2020 segue aliviando certas restricións, pero aínda non se permitían as visitas turísticas, senón só as actividades de turismo activo na natureza, modificando o Art. 47 da orde anterior.
Por esta razón, e perante as présas de certos empresarios pouco escrupulosos por comezar a publicitar e ofrecer visitas urbanas, dende esta Asociación nos vimos obrigados a
responder á prensa pedindo responsabilidade. A mesma responsabilidade que pedimos a todos os profesionales en canto voltemos ao traballo con todas as da lei.