Últimos Obradoiros do Guía deste verán
Apenas quedan 4 seminarios do noso programa Obradoiros do Guía neste verán de 2020. Este ano está marcado pola pandemia de COVID-19 que nos tivo pechados na casa moitos meses e segue complicando os desprazamentos e o noso traballo.
Por iso os dous webinarios desta semana se centran en adaptarnos a estas novas circunstancias. Mañá, 15 de xullo, pola tarde estudaremos que medidas se están a aplicar para as visitas culturais das catedraies galegas (Santiago, Tui, Ourense, Lugo y Mondoñedo) nun foro titulado A nova realidade nas catedrais de Galicia. O venres 17 pola mañá debateremos sobre o futuro: Cómo será o turista do 2021 en Galicia?
As semanas seguintes, as actividades organizadas teñen contidos de índole máis cultural. O mércores 22 pola tarde a nosa compañeira Nuria Pahino falará de Mulleres galegas na historia, e o mércores 29, tamén pola tarde, pechará a programación o noso compañeiro Diego Lamas coa súa presentación sobre Antitrinitarios na Galicia medieval.
Esperamos que os temas tratados resultasen de interese para os moitos guías de turismo que asistiron. Seguiremos ofrecendo actividades formativas, presenciais e telemáticas, no futuro, aproveitando as temporadas de menos traballo no inverno. Non faltedes!