Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Campaña polo aumento de cotas de grupos turísticos

Nós tamén estamos en FITUR!

Que ben volver desfrutar do aperitivo na presentación dunha campaña turística, mesturados, bebendo e celebrando que nos quedou un vídeo moi xeitoso! Que ben podermos viaxar de novo entre comunidades autónomas, compartir avións, trens e buses ateigados para participar en eventos multitudinarios… Pero en Galicia seguen a estar extremadamente limitadas as actividades en grupo para non conviventes, mesmo no campo.

Pero en Galicia…

O 17 de marzo comezaron a permitirse as visitas turísticas e actividades de tempo libre, cun máximo de 8 persoas máis o guía ou monitor en exteriores e un máximo de 4 persoas no interior de monumentos e museos. E dous meses máis tarde, SEGUIMOS IGUAL!
Isto significa que, coas condicións actuais, en todos os marabillosos destinos turísticos que temos en Galicia e que estivemos promocionando en FITUR, pode chegar un grupo de 50 persoas nun autobús. Pero, no momento que poñen o pé fóra, para calquera visita cultural ou turística, teñen que dividirse en grupiños máis pequenos que serán de 8 persoas se só van facer un percorrido ao aire libre, ou de 4 se van entrar nalgún museo ou monumento.

Poden imaxinar que colectivo pode permitirse contratar de 7 a 13 guías para unha única actividade? Sosteríase un negocio de restauración que só puidese atender 4 clientes cada 3 horas? Será que nunha catedral circula menos aire e se mantén menos distancia social que no autobús pechado onde viaxaron varias horas para chegar aquí? E percorrendo as nosas rúas e prazas?

…así non se pode traballar!

En todos estes meses de pandemia sempre estivemos correctos, desenvolvemos estritos protocolos sanitarios, apostamos pola prudencia para facer de Galicia un destino seguro. Podería pensarse que o avance da vacinación e diminución de casos activos de COVID melloraría as nosas condicións de traballo, pero non é así. Para o resto si, pero para nós non!

Nunha profesión como a nosa, estacional e na que as reservas se fan con máis de 30 días de anticipación, é imposible ofertar servizos virtualmente a expensas de que algún DOG futuro permita a opción real de contratalos…

A mensaxe que se percibe é que en Galicia estamos encantados de recibir turistas, sempre que deambulen pola súa conta e non se lles ocorra contratar visitas guiadas… Non compensa economicamente e total, os guías levan sen traballar desde marzo de 2020, tampouco van notar diferencia!

Related Posts

Leave a reply

Copyright © 2021. Guias de Galicia