Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Festa do «Pan de Neda». Neda (A Coruña). 2 de setembro de 2018. Festa de Interese Turístico en Galicia.

Coa Festa do Pan, Neda pon en valor o seu produto gastronómico por excelencia, aquel que durante séculos converteu á real vila en capital do trigo de Galicia.
A orixe da tradición panadeira de Neda remóntase á Idade Media, cando nacen importantes industrias, como os muíños de trigo, en torno ao río Belelle. A calidade das súas augas dan como resultado un pan sen comparación e que mesmo Felipe II, escolle a vila para o asentamento das chamadas Casas Reais, fábricas de biscoito e fornos de provisión con destino ás Armadas dos Reyes de España.
Nos últimos 25 anos, e xa van para 26, Neda celebra a súa festa de exaltación do pan. Sempre, o primeiro domingo do mes de setembro. Unha cita que, cada exercicio, convoca a máis e máis público desexoso de saborear un pan sen comparación. E tamén, de participar nunha festa que, grazas ao traballo que durante todo o ano realiza o Concello, suma novos atractivos e actividades.
Como vén sendo habitual nos últimos tempos, o escenario elixido é o Paseo Marítimo. Desde primeira hora da mañá, as panaderías comezan a venda de pan, empanadas ou repostería. Xunto aos despachos das panaderías, a xa tamén tradicional feira de artesanía con ducias de postos que ofrecen unha coidada selección de produtos de todo tipo. A música ten un papel fundamental ao longo de toda a festa, coa participación de grupos e bandas de diferentes estilos musicais pero cun único obxectivo: manter o ánimo ben alto.
Sobre as 14 horas, os asistentes están convocados á tradicional comida popular. O menú, con prezos accesibles, adoita incluír empanada, paella, churrasco, bóla de Neda e café, así como bebidas e, como non, o tradicional pan da real vila. Cada ano, o Concello de Neda, organiza diferentes actividades complementarias á propia festa. Desde concertos ata a ruta e concurso do petisco «Mellor… con pan de Neda»; o photocall no que se recrea o interior dun muíño para fotografarse en plena faena; a xornada Pekepan, con actividades para os máis pequenos…
Así mesmo, e xunto á Festa do Pan de Neda, o Concello convida a nenos e maiores a coñecer a súa preciosa Ruta dos Muíños. Tradicionalmente, celebrouse sempre na xornada previa á festa. A través da mesma, ofrécese a posibilidade de descubrir unha contorna natural privilexiada e coñecer o proceso de elaboración do pan nun dos muíños restaurados da ruta. Esta camiñada guiada e gratuíta, de tres horas de duración, parte ás 10,30 horas do atrio da Igrexa de Santa María, e discorre pola marxe do río Belelle ata o Roxal. Acaba nun dos muíños, onde os participantes poden asistir a unha demostración do seu funcionamento e degustar despois produtos típicos de Neda.

Related Posts

Leave a reply