Este domingo 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2020. Este ano a Organización Mundial do Turismo adica a efemérede ao desenvolvemento rural sostible, como unha oportunidade de crear oportunidades fóra das grandes cidades e preservando en todo o mundo o patrimonio cultural e natural.

Durante toda a fin de semana, a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia vai participar en varias actividades, en colaboración con diferentes institucións.

Sábado 26 e domingo 27, tanto turistas como residentes están convidados a participar nas visitas guiadas do programa Santiago Prémiate, froito do convenio de APIT-Galicia con Turismo de Santiago (reserva obrigatoria; máis información aquí).

Sábado 26, nun acto conxunto con outros organismos oficiais e axentes do sector, presentamos no Parador de Turismo de Santiago os programas de impulso á recuperación económica nos que participa APIT-Galicia: Grazas por elexir Galicia e Descubre Galicia, así como a APP que se desenvolveu para exercermos a nosa profesión de xeito máis seguro.

Domingo 27, participaremos na entrega dos premios Lugo Cambia da Deputación Provincial de Lugo.