Este mércores, 27 de maio, teremos o próximo webinar formativo exclusivo para guías de turismo de Galicia: A nova realidade turística nas cidades galegas. Forma parte da programación Obradoiros do Guía, froito do convenio entre a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no marco do plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19.

Presentado pola Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, neste foro técnicos e responsables de turismo das principais cidades galegas darán a coñecer que medidas se están a tomar para a circulación sen riscos de turistas individuais e en grupos polas nosas rúas e prazas, así como outras recomendacións de seguridade. Intervirán:

  • Flavia Ramil. Directora de INCOLSA-Turismo de Santiago
  • Lanzada Calatayud. Xerente do Consorcio Turismo de A COruña
  • Maite Deus. Concelleira de Turismo de Ferrol
  • Ourense: pendente de confirmación
  • Raquel Abollo. Técnico de Turismo do Concello de Pontevedra
  • Fátima Dueñas. Xefa de Servizo do Concello de Vigo.

Ante a grande acollida que tivo a actividade anterior, desta vez aumentamos o número de prazas, pero segue a ser necesaria a inscrición mediante correo electrónico. Para maior facilidade de xestión pregamos que no asunto do correo indiquedes WEBINAR TÉCNICOS + NOME + APELIDOS  e no corpo da mensaxe indiquedes datos de contacto (teléfono/enderezo) e número de carné. As solicitudes deberanse enviar ao enderezo de correo electrónico secretaria@guiasdegalicia.org.