Tódolos anos coincidindo coa tempada alta no sector turístico vémonos na obriga de asistir, lamentablemente, a un espectáculo cada vez mais habitual: os lumes nos nosos montes. Os Guías de Turismo temos moitas veces que respostar e explicar dunha maneira veraz e obxectiva aos nosos clientes e visitantes, este feito que se produce na nosa terra. De ahí a necesidade de organizar esta xornada formativa para Guías de Turismo de Galicia.

Luns 23 de marzo de 2020. Programación:

10:30 Formación teórica a cargo de Felipe Castro (axente facultativo medioambiental) no Salón de Actos do Centro Cívico do Malecón Monforte de Lemos.

13:30 Tempo libre para xantar.

15:30 Visitas prácticas á zona queimada no lume de setembro 2019 en Monforte e á Brigada de Helicopteros de Marroxo (desprazamentos por conta propia).

19:00 Fin da xornada de formación.

COLABORAN: Concello de Monforte de Lemos e Xunta de Galicia Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) en Lugo, Base de helicópteros de Marroxo.

Data límite inscrición: venres 20 de marzo de 2020 (ás 17:00h)

Número de prazas: 40 pax (prioridade socios APIT)

Socios APIT: 10,00€

Non Socios: 20,00€

Inscripción: info@guiasdegalicia.org