Ó 5 de decembro 2019 APIT Guías de Turismo de Galicia organiza unha Xornada Informativa para Guías Oficiais e Informadores/as Turísticos/as de Galicia.

No transcurso da Xornada visitaremos a Evega, Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia,  o Museo do Viño de Galicia inaugurado este ano. Pola tarde coñeceremos ó Pazo de Trasalba, hoxe Museo dedicado a D. Ramón Otero Pedrayo.

A visita è gratuita. Aínda así, tes que reservar praza en info@gjiasdegalicia.org e para máis detalles chámanos ó 981576698