As xornadas Os Xudeus e Conversos en Galicia: Os seus lugares, a súa historia, enmárcase nas xornadas de formación e divulgación que periodicamente organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APITgalicia). Nestas xornadas propoñemos descubrir ou redescrubrir unha parte ineludible da nosa historia e as distintas confesións que habitaron entre nós durante séculos.

 

Se ben os xudeus estiveron espallados por toda a nosa xeografía temos aínda hoxe vilas e cidades onde esa presencia forma parte do cotiá e do seu patrimonio tanto material como inmaterial. Estes lugares, a pesar das dificultades históricas, seguen a ofrecer a historiadores e investigadores, pegadas e material de investigación para seguir descifrando o día a día dos ancestros xudeus de Galicia. Un material que desde o punto de vista turístico é tamén unha porta aberta a novas rutas e novos produtos que podemos empregar na nosa profesión.

 

Coa organización desde Xornadas, desde APITgalicia queremos apoiar a estes divulgadores e as institucións que están a traballar día a día para o rexurdir das xuderías en Galicia e sobre todo apoiar a Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia na súa andaina como cidades membro da Rede de Xuderías de España e que estas xornadas sexan o comezo dunha relación de colaboración entre APITgalicia e as cidades membro da Rede de Xuderías de España.

Unha formación seria e documentada será o que nos axudará a transmitir con rigor científico e histórico aos nosos clientes a importancia das xuderías en Galicia e o pasado xudeu de estas vilas que forman parte da Ruta Sefarad de Galicia.