Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Xornada Formativa Mondoñedo. 24 de abril de 2019

O vindeiro 24 de abril organizamos a xornada formativa en Mondoñedo. A continuación deixámosvos o programa da mesma.

Programa:

-Saída dende Santiago de Compostela as 7:30am, pausa café na estación de servizo de Guitiriz para recoller as/os asociadas/os Ártabros.

-Chegada a Mondoñedo aproximada as 10am e división do grupo entre participantes que desexen visitar o interior da Cova e as/os que directamente iniciarán a visita do recentemente inaugurado Museo de Alvaro Cunqueiro.

Quen acceda a Cova ten que saber que a duración aproximada do percorrido no interior da mesma é 1’15h (unha vez dentro ninguén poderá dar volta atrás), que ten que levar roupa de recambio, dado que haberá que arrastrarse por superficies húmedas e cheas de lama, e que polo sinuoso e angosto de algúns tramos ésta é unha actividade totalmente desaconsellada para persoas claustrofóbicas e/ou con mobilidade reducida.

-As 11:30, coa chegada das persoas que entraron na Cova, farase unha rotación entre a catedral, efectuaremos unha exclusiva visita guiada co campaneiro en pequenos grupos, e o museo de Alvaro Cunqueiro.

-De 14:00-15:30 xantar conxunto de todas/os participantes na xornada

-De 15:30 a 17:30 visita guiada a Mondoñedo co seu Cronista Oficial, Antonio Reigosa, na que afondaremos, principalmente, no coñecemento da historia, tradicións e lendas mindonienses.

-17:45 saída de Mondoñedo con destino Guitiriz, chegada aproximada a Santiago as 20h.

IMPORTANTE: Data de inscrición ata o 22 de abril, enviando o correspondente email a info@apitgalicia.org, haberá que indicar se queremos visitar o interior da Cova do Rei Cintolo e o punto de partida (Santiago ou Guitiriz) para organizar as quendas e o transporte

Custo: 20,00€ + 10,00€ para o xantar, a pagar por transferencia bancaria á conta de Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.

ABANCA ES 96 2080 0319 6830 4001 8152
Para que a inscrición sexa completa hai que mandar copia do xustificante da transferencia, nome, apelidos e número de carnet ao correo info@guiasdegalicia.org.

Related Posts

Leave a reply