Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela

Formación COVID para futuros guías de turismo

Ao longo deste primeiro semestre do curso académico 2020-21, APIT-Galicia impartiu en varios centros de educación secundaria seminarios de formación en riscos laborais e prevención da COVID para futuros guías de turismo.

A nosa profesión está recoñecida a nivel europeo pola norma europea EN-15565:2008. Esta regula os requisitos para a prestación de programas de formación e cualificación profesional dos guías de turismo. No Comité Técnico CEN/TC 329 que redactou o texto participaron membros da Federación Europea de Guías de turismo (FEG) e de CEFAPIT.

Na xustificación da necesidade desta norma, o CEN aduce que

os guías de turismo son os representantes das cidades, rexións e países para os que están cualificados. Depende en grande maneira deles que os visitantes se sintan benvidos, desexen prolongar a súa estadía ou regresar. Polo tanto contribúen considerablemente á percepción do destino. Os guías de turismo son capaces de axudar os viaxeiros a comprender a cultura da rexión visitada e a forma de vida dos seus habitantes. Desempeñan un papel especial por una parte na promoción do patrimonio natural e cultural, e por outra, a axudar a asegurar a súa sostentabilidade concienciando ao visitante da súa importancia e vulnerabilidade.

Este texto estabelece os requisitos mínimos de formación para estes profesionais, cuxa actividade está definida na Norma EN 13809:2003

3.1 guía de turismo: Persona que guía a los visitantes en el idioma de su elección e interpreta el patrimonio cultural y natural de una zona, que normalmente posee una titulación específica sobre una zona, por lo general emitida o reconocida por las autoridades competentes.

Todos os preceptos desta norma de ámbito europeo foron recollidos na lexislación estatal española a través dun Real Decreto e dunha Orde. Estes crean e desenvolven o programa específico de formación para guías a través dun Ciclo Superior de Formación Profesional.

Porén as competencias en Educación e Turismo están transferidas ás comunidades autónomas. En Galicia, a nosa actividade profesional réxese pola Lei 7/2011 de Turismo de Galicia e o Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia. Tamén existe un currículum académico específico para os estudos regrados de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia turísticas: o Decreto 167/2010.

Para a lexislación galega, son guías de turismo

os/as profesionais que, debidamente habilitados/as, prestan de xeito habitual e retribuído servizos de asistencia, acompañamento e información en materia cultural, artística, histórica e xeográfica aos/ás usuarios/as turísticos/as nas súas visitas a museos e demais bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.

A Norma europea 15565 á que nos referimos na Introdución distribúe os campos de coñecemento necesarios en tres aspectos:

  1. os temas comúns a todo o espazo europeo (como poden ser coñecementos xerais de historia, lexislación, filosofía e arte europeas);
  2. os temas específicos á área xeográfica na que desenvolvemos a nosa actividade;
  3. aspectos técnicos.

Este último apartado contempla a adquisición de coñecementos e habilidades comerciais, contabilidade, marketing, administración, lexislación, comercio electrónico, protección de datos, prevención de riscos e control de calidade

En Galicia é posible cursar este Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas en 7 centros de titularidade pública. Neste primeiro semestre do curso 2020-21, o presidente de APIT-Galicia, Tommi Alvarellos, impartiu ben presencialmente ben de forma telemática os contidos relativos á prevención da transmisión da COVID-19 no exercicio da actividade profesional dos guías de turismo. Moita sorte a estes alumnos na súa futura labor de divulgación do patrimonio galego!

Centros visitados: CIFP Carlos Oroza, CIFP Rodolfo Ucha, IES Eusebio da Guarda, CIFP Manuel Antonio. Estamos encantados da colaboración! Calquera outro centro interesado, que non dubide en contactarnos en info@guiasdegalicia.org.

Related Posts

Leave a reply

Follow Us:

Who We Are:

Lorem ipsum dolor sit amet eros, conse ctetuer adipiscing elit, sed diami nonum nibhie vixtu eget.

Follow Us: