Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Día Internacional do Guía de Turismo 2022

Despois do parón do ano pasado, xa podemos volver celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo na rúa.

Como este ano o 21 de febreiro cadra en luns, decidimos adiantar case todas as actividades para promover a nosa profesión ao domingo 20 de febreiro e dar así a oportunidade as familias e a todo o público en xeral de poder participar nas nosas visitas guiadas gratuítas e benéficas.

O noso lema para este ano será:

GRAZAS!

Grazas por vir a Galicia! Grazas por coñecer Galicia cun paraugas amarelo!.

Durante todo o ano 2022 en APIT-Galicia teremos tamén como prioridade o TURISMO INCLUSIVO e por este motivo a maioría das nosas actividades formativas centraranse na preparación e adaptación dos nosos socios a todo eses colectivos con DISCAPACIDADES DIFERENTES. Por todo isto e para inaugurar este ano do TURISMO INCLUSIVO as actividades programadas e as visitas de balde para conmemorar o noso día serán :

  • 20.02.22 A CORUÑA 11:30 PRAZA MARÍA PITA (visita a beneficio de ARTEFIOS)
  • 20.02.22 LUGO 12:00 PRAZA DO CAMPO (visita a beneficio de FEAFES)
  • 20.02.22 OURENSE 11:30 XARDÍNS PADRE FEIJOO (visita a beneficio de POR ELES TEA)  
  • 20.02.22 PONTEVEDRA 11:00 PRAZA DE ESPAÑA (visita a beneficio de AFAPO)
  • 20.02.22 SANTIAGO 12:00 PRAZA DAS PRATERÍAS (visita a beneficio de ASPANAES)
  • 20.02.22 VIGO 11:30 A LAXE (escultura do bañista) (visita a beneficio de ASPANAEX)
  • 20.02.22 REDONDELA 12:00 CEMENTERIO DOS EIDOS (visita a beneficio de ANDAINA)
  • 21.02.22 UNTOLD STORIES de PETER LINDBERGH (A Coruña) 17:00 a 19:00 visitas guiadas espontáneas cada 30 minutos.

Co gallo do #DIGT22 vimos de preparar un vídeo promocional no que damos as grazas a todos aqueles turistas e visitantes que fixeron de Galicia un dos destinos máis visitados e mellor valorados o verán pasado. Queremos dar as GRAZAS a todos aqueles turistas que quixeron coñecer Galicia cun guía oficial, cun guía profesional e sobre todo dar as grazas por axudarnos a saír e rexurdir de todo o que supuxo a pandemia para o noso colectivo.

Estades invitados a acompañarnos en calquera das nosas visitas!

Para calquera pregunta, dúbida ou para confirmar a vosa asistencia podedes poñervos en contacto connosco en:   info@guiasdegalicia.org ou no teléfono 606985185 (tamén Whatsapp).

Related Posts

Leave a reply

Copyright © 2021. Guias de Galicia