Día Internacional do Guía de Turismo 2022
Despois do parón do ano pasado, xa podemos volver celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo na rúa.
Como este ano o 21 de febreiro cadra en luns, decidimos adiantar case todas as actividades para promover a nosa profesión ao domingo 20 de febreiro e dar así a oportunidade as familias e a todo o público en xeral de poder participar nas nosas visitas guiadas gratuítas e benéficas.
O noso lema para este ano será:
GRAZAS!
Grazas por vir a Galicia! Grazas por coñecer Galicia cun paraugas amarelo!.
Durante todo o ano 2022 en APIT-Galicia teremos tamén como prioridade o TURISMO INCLUSIVO e por este motivo a maioría das nosas actividades formativas centraranse na preparación e adaptación dos nosos socios a todo eses colectivos con DISCAPACIDADES DIFERENTES. Por todo isto e para inaugurar este ano do TURISMO INCLUSIVO as actividades programadas e as visitas de balde para conmemorar o noso día serán :
- 20.02.22 A CORUÑA 11:30 PRAZA MARÍA PITA (visita a beneficio de ARTEFIOS)
- 20.02.22 LUGO 12:00 PRAZA DO CAMPO (visita a beneficio de FEAFES)
- 20.02.22 OURENSE 11:30 XARDÍNS PADRE FEIJOO (visita a beneficio de POR ELES TEA)
- 20.02.22 PONTEVEDRA 11:00 PRAZA DE ESPAÑA (visita a beneficio de AFAPO)
- 20.02.22 SANTIAGO 12:00 PRAZA DAS PRATERÍAS (visita a beneficio de ASPANAES)
- 20.02.22 VIGO 11:30 A LAXE (escultura do bañista) (visita a beneficio de ASPANAEX)
- 20.02.22 REDONDELA 12:00 CEMENTERIO DOS EIDOS (visita a beneficio de ANDAINA)
- 21.02.22 UNTOLD STORIES de PETER LINDBERGH (A Coruña) 17:00 a 19:00 visitas guiadas espontáneas cada 30 minutos.
Co gallo do #DIGT22 vimos de preparar un vídeo promocional no que damos as grazas a todos aqueles turistas e visitantes que fixeron de Galicia un dos destinos máis visitados e mellor valorados o verán pasado. Queremos dar as GRAZAS a todos aqueles turistas que quixeron coñecer Galicia cun guía oficial, cun guía profesional e sobre todo dar as grazas por axudarnos a saír e rexurdir de todo o que supuxo a pandemia para o noso colectivo.
Estades invitados a acompañarnos en calquera das nosas visitas!
Para calquera pregunta, dúbida ou para confirmar a vosa asistencia podedes poñervos en contacto connosco en: info@guiasdegalicia.org ou no teléfono 606985185 (tamén Whatsapp).