Novos Obradoiros do Guía
A pasada semana seguimos coas nosas formacións en liña: o mércores 1 de xullo tivo lugar un foro de debate sobre a complicada situación do turismo de cruceiros. O venres 3, o noso compañeiro Carlos Guerra compartiu con nós os seus coñecmentos sobre Prisciliano e o priscilianismo.
Nesta segunda semana de xullo temos programadas outras dúas actividades formativas, dentro do calendario de «Obradoiros do Guía» que este verán se financiou grazas ao convenio da Asociación Profesional de Guías de Turismo coa Consellería de Cultura e Turismo. Todas estas formacións están abertas de forma gratuíta a calquera guía de turismo habilitado para exercer en Galicia, pertenza ou non á nosa asociación.
O mércores 8 de xullo terá lugar o cuarto e último seminario de formación para la prevención de COVID para guías de turismo, impartido por Tommi Alvarellos. Os participantes nas primeiras convocatorias xa están a recibir do Centro Superior de Hostelería de Galicia o enlace aos cuestionarios que lles permiten acreditar teren superado esta formación.
O venres 10 de xullo a nosa compañeira Isabel Díaz-Robles guiarános polo turismo industrial da Ruta da Construción Naval en Ferrol.
Lembrade que temos un portal web específico para información e inscrición en todos estes cursos: http://formacion.guiasdegalicia.org/