OBRADOIROS DO GUÍA
Este venres 22 de maio ás 11:00h terá lugar a primeira dunha serie de actividades formativas para os Guías de Turismo, Os Obradoiros do Guía.
Estas actividades, organizadas por APIT Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, están dirixidas aos Guías Profesionais de Turismo de Galicia co obxectivo de comunicar os cambios no sector turístico POSTCOVID19 e mellorar a formación dos mesmos.
Nesta primeira sesión comunicarase aos asistentes as liñas de traballo levadas a cabo por APIT GALICIA coa Axencia Turismo de Galicia e co ICTE en materia de protocolos de prevención e actuación en relación á “nova normalidade”.
Formarán parte da mesa de comunicación outros actores relacionados co entorno dos Guías de Turismo como son as axencias de viaxes, os aloxamentos, os museos e as oficinas de turismo.
Esta actividade está dirixida exclusivamente aos Guías Oficiais de Turismo de Galicia
O número de prazas é limitado
- É obrigatorio escribir o nº de Habilitación de Guía no campo CARGO
- É obrigatorio seguir as instrucións que se desenvolven nas fotografías seguintes
INSTRUCIÓNS PREVIAS AO INICIO DA REUNIÓN:
Os Guías de Turismo que desexen inscribirse deben cubrir o formulario que se atopa no enlace baixo estas liñas.
ENLACE: https://bit.ly/2AN0Wnx