Seminario sobre a investigación do legado xudeu en Galicia.

As xornadas “Os Xudeus e Conversos en Galicia: Os seus Lugares e a súa Historia”, do 13 e 14 do febreiro do 2020 na Sede da UNED en Tui. O evento fai parte da  formación e divulgación que periodicamente organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT Galicia).

Nestas xornadas tivemos a posibilidade de descubrir ou redescubrir unha parte ineludible da nosa historia e as distintas confesións que habitaron entre nós durante séculos.

Se ben os xudeus estiveron espallados por toda a nosa xeografía temos aínda hoxe vilas e cidades onde esa presencia forma parte do cotiá e do seu patrimonio tanto material como inmaterial. Estes lugares, a pesar das dificultades históricas, seguen a ofrecer a historiadores e investigadores, pegadas e material de investigación para seguir descifrando o día a día dos antepasados xudeus de Galicia. Un material que desde o punto de vista turístico é tamén unha porta aberta a novas rutas e novos produtos que podemos empregar na nosa profesión.

Coa organización das Xornadas, desde APIT Galicia quixemos apoiar a estes divulgadores e as institucións que están a traballar constantemente para o rexurdir das xuderías en Galicia. En particular a Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia na súa andaina como cidades membro da Rede de Xuderías de España. Pensamos que estas xornadas poden ser o comezo dunha relación de colaboración entre APIT Galicia e as cidades membro da Rede de Xuderías de España.

Esta formación sólida e documentada axúdanos a transmitir con rigor científico e histórico aos nosos visitantes a importancia das xuderías en Galicia e o pasado xudeu de estas vilas que forman parte da Ruta Sefarad de Galicia.

As xornadas contaron coa valiosa presenza dos especialistas;  Suso Vila de Tui, Antonio Míguez Amil de Ribadavia, María Gloria de Antonio Rubio do CSIC e Felipe Airas de Monforte de Lemos. Ademais do apoio das institucións locais que aproveitamos para agradecer.

O gran número de asistentes puideron tamén participar nas visitas didácticas das vilas de Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos  que permitíronlles coñecer de primeira man o patrimonio e as riquezas do noso territorio.

Os vídeos  a continuación conteñen todas as exposicións da xornada do 13 de febreiro do 2020.

 

Relatores:

Suso Vila. (Historiador, Doctor en Historia da Arte e Xestor Patrimonial.)

 


 

Antonio Míguez Amil (Responsable Oficina Turismo de Ribadavia e do Centro de Información Xudía de Galicia)

 


 

Felipe Aira Pardo (Historiador de Monforte de Lemos)

 


 

María Gloria de Antonio Rubio.(Historiadora e Investigadora do CSIC)

————————————————————————————————————————————————————————————————————————

#EDJC2020 #diaeuropeoculturajudia #culturajudia

#Profesionales de #Guias de #Turismo #GuiasDeEspaña #APITs