Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Descubre os camiños, desfruta do camiño

PROGRAMA DE REACTIVACIÓN PARA GUÍAS DE TURISMO

A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) ten o compromiso de facilitar e incentivar a reincorporación á súa actividade profesional dos guías de turismo de Galicia, tras a crise que a pandemia da COVID-19 provocou no noso sector.

Mercede a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia, ao longo deste outono 2021 desenvolvemos os programas DESCUBRE OS CAMIÑOS e DESFRUTA DO CAMIÑO.

DESCUBRE OS CAMIÑOS: ÚLTIMOS DÍAS (ata esgotar a partida orzamentaria)

Beneficiarios da axuda: as axencias de viaxe que contraten, nas súas visitas e excursións por localidades dos camiños de Santiago en Galicia, a guías habilitados pola Xunta de Galicia. Poden solicitar a subvención de ata o 50% do importe dos honorarios dos guías. Para este programa están dispoñibles 74.000,00 €. Poderase solicitar a subvención para servizos de guiado (en media xornada, xornada completa ou circuítos) prestados entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2021, sempre que se cumpran as condicións descritas neste documento. Admítense solicitudes ata esgotar o orzamento.

O obxectivo deste programa é incentivar a contratación de guías de turismo acreditados, loitar contra o intrusismo (tanto entre axencias de viaxe como guías), crear sinerxías entre ambos colectivos e promocionar a calidade e profesionalidade dos servizos turísticos en Galicia, desde a perspectiva dun turismo sustentable e responsable. Queremos demostrar ao sector e ao público xeral a preparación e profesionalidade dos guías de turismo de Galicia, que mentres non se permitiron as visitas turísticas aproveitamos para formármonos na aplicación de protocolos de seguridade sanitaria, a fin de garantir o desfrute sen riscos da nosa actividade.

DESFRUTA DO CAMIÑO

Beneficiarios da axuda: guías de turismo de Galicia que propoñan actividades novidosas, orixinais, sustentables e respectuosas co ambiente e coa poboación local, en localidades dos camiños de Santiago en Galicia. Para este programa están dispoñibles 40.000,00 €, que se repartirán en 10 premios de 4.000,00 € cada un (impostos incluídos). Máis información sobre as condicións neste documento. As propostas deberanse presentar a través deste formulario ata o 15 de novembro.

 

O obxectivo desta convocatoria é dar unha oportunidade a todas esas ideas e produtos que xorden na periferia do circuíto turístico promovendo a descuberta de novos destinos, a creación de novas empresas en lugares menos frecuentados e, o máis importante: apoiar un colectivo profesional vulnerable fortemente prexudicado por esta crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.

 

Related Posts

Leave a reply