Obradoiro do guía (5): O mundo do guiado e as súas particularidades
Seguen os nosos Obradoiros do guía, un programa de formación que agora conta co seu propio portal de información e inscrición para axilizar os trámites: http://formacion.guiasdegalicia.org/. O próximo día 10 de xuño ás 11:00 h temos o vindeiro seminario en liña: Os mundos do guiado e as súas particularidades. Neste foro guías de turismo e de natureza, acompañantes, monitores de turismo activo debateremos como afrontamos os novos retos da era COVID-19.
Participan:
- TOMMI ALVARELLOS ( Presidente de APITgalicia)
- MANUEL RUZO (Xerente de Art Natura) e membro de APITgalicia
- BORJA BATALLA ALONSO ( Vértigo Aventura) e membro de AGETAN
- ANTONIO ARMESTO( Animatium) e membro de AGETAN
- ANA VÁZQUEZ IGLESIAS ( Alecrín Actividades) e membro de AGAIAS
- SILVIA GONZÁLEZ ( Presidenta de AGAIAS)
Esta é outra das actividades formativas froito do convenio entre a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no marco do plan de reactivación do sector cultural e turístico a consecuencia da COVID-19.
OBRADOIROS ANTERIORES:
22 de maio: Medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19 e a súa aplicación
27 de maio: A nova realidade turística nas cidades galegas
29 de maio: Oratoria, linguaxe corporal e comunicación non verbal
3 e 5 de maio: Técnicas de Guiado