Seguen os nosos Obradoiros do guía, un programa de formación que agora conta co seu propio portal de información e inscrición para axilizar os trámites: http://formacion.guiasdegalicia.org/. O próximo día 10 de xuño ás 11:00 h temos o vindeiro seminario en liña: Os mundos do guiado e as súas particularidades. Neste foro guías de turismo e de natureza, acompañantes, monitores de turismo activo debateremos como afrontamos os novos retos da era COVID-19.

Participan:

  • TOMMI ALVARELLOS ( Presidente de APITgalicia)
  • MANUEL RUZO (Xerente de Art Natura) e membro de APITgalicia
  • BORJA BATALLA ALONSO ( Vértigo Aventura) e membro de AGETAN
  • ANTONIO ARMESTO( Animatium) e membro de AGETAN
  • ANA VÁZQUEZ IGLESIAS ( Alecrín Actividades) e membro de AGAIAS
  • SILVIA GONZÁLEZ ( Presidenta de AGAIAS)

Esta é outra das actividades formativas froito do convenio entre a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no marco do plan de reactivación do sector cultural e turístico a consecuencia da COVID-19.

OBRADOIROS ANTERIORES:

22 de maio: Medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19 e a súa aplicación

27 de maio: A nova realidade turística nas cidades galegas

29 de maio: Oratoria, linguaxe corporal e comunicación non verbal

3 e 5 de maio: Técnicas de Guiado