Obradoiros do guía (4): Técnicas de guiado
A vindeira semana teremos unha nova formación sobre Técnicas de guiado, dividida en dúas sesións en liña os días mércores 3 e venres 5 de xuño. Este curso completaráse cunha terceira parte presencial de prácticas cando cese a situación de alarma debida á COVID-19 e poida desprazarse a Galicia o formador, José Antonio Páris Fraga.
Este é o cuarto dos Obradoiros do guía, froito do convenio entre a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e la Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, no marco do plan de reactivación dos sectores cultural e turístico despois da pandemia.
José A. Páris estudou Turismo en A Coruña, onde se graduóu en 1977. En 1978 viaxou a Tenerife, onde vive e traballa desde aquela. Foi Director de Calidade dun hotel cinco estrelas gran luxo, no que tamén asumiu as funcións de formador interno. En 2008 abandoou a industria hoteleira para ser Guía de Turismo e en 2012 obtivo o título de Guía Starlight. Algunhas das excursióne que ofrece no seu vehículo de luxo inclúen a observación do excepcional ceo de Canarias cun telescopio. Actualmente é FEG Trainer in Acreditation, despois de seguir o programa de formación de FEG.
Ante o éxito de público das primeras actividades, cambiamos de plataforma para poder ofrecer máis prazas. Estes seminarios están abertos a todos os profesionais, sexan ou non membros da asociación, de modo gratuíto: o único requisito é estar legalmente habilitado para exercer como guía de turismo en Galicia.
Para asistir a estes seminarios é necesaria inscrición mediante correo electrónico dirixido a secretaria@guiasdegalicia.org, indicando nome, apelidos e o número de carné de guía de turismo.
OBRADOIROS ANTERIORES:
22 de maio: Medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19 e a súa aplicación
27 de maio: A nova realidade turística nas cidades galegas
29 de maio: Oratoria, linguaxe corporal e comunicación non verbal