Contacto

Si tienes más preguntas no dudes en hablar con nosotros

Santiago de Compostela

Dársena da Av. Xoán XXIII s/n 15704 Santiago de Compostela
+ (34) 981 576 698
+ (34) 606 985 185
Horario: todos los días
de 9:00 a 17:00

Voltamos! Elixe ben quen te guía!

O pasado 1 de xullo, os guías de turismo de toda España voltamos á nosa actividade (aínda que de modo reducido e coas máximas precaucións en prevención da COVID-19). Nas rúas e prazas das principais cidades de Galicia, aí onde habitualmente comezamos as nosas visitas guiadas para turistas individuais ou grupos turísticos, quixemos demostrar que seguimos traballando para poñer en valor o noso patrimonio.

Lucimos os nosos paraugas amarelos e as nosas máscaras corporativas para compartirmos con turistas e viandantes a nosa ilusión por facer de Galicia, un destino seguro. Somos profesionais da interpretación da cultura e os monumentos, e estivémonos preparando a conciencia para que todo o mundo poida disfrutalos sen riscos innecesarios.

A partir do 1 de xullo e ata o 30 de setembro, poderás descubrir con nós o rico patrimonio material e inmaterial de cidades como Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense e Pontevedra a través das nosas visitas guiadas con saídas regulares para viaxeiros individuais e, ¡como non!, os veciños que queiran saber máis da súa cidade. Tamén podes contratar servizos turísticos privados en varios idiomas e destinos de Galicia escribíndonos a info@guiasdegalicia.org.

Related Posts

Leave a reply